Botamos as nasas con Laura de Humara!

Start date:
Thursday, 9 April 2026 - 06:00
End date:
Thursday, 9 April 2026 - 08:00
Venue: Edificio Redeiras - Universidade de Vigo
Address: 11 Rúa da Ribeira do Berbés, 36202 Vigo
City: Vigo
Source: View source
Bookmark this
Botamos as nasas con Laura de Humara!

Startup Galicia trae a Laura Rodríguez, co-fundadora e CEO de Humara. Falaremos de aprendizaxes liderando unha startup na economía circular

O segundo xoves dos meses con R voltamos a botar as nasas. Así que en abril vémonos de novo este xoves 9, ás 18h, a ver que apañamos.

Nesta nova edición contamos con Laura Fernández, cofundadora e CEO de Humara, unha startup que traballa na intersección entre tecnoloxía e economía circular.

Poderás preguntarlle o que queiras, pero sobre todo vén a compartir a súa experiencia liderando unha startup nun sector clave para o futuro: como construír, escalar e tomar decisións nun modelo que busca facer as cousas doutra maneira.

Pero As Nasas é moito máis. É a oportunidade de xuntar cada pouco a todo o ecosistema emprendedor do sur de Galicia. De abrir a porta á comunidade universitaria. E de tomar unhas mirindas todos xuntos. Para conectar e inspirar.

Deixaste atrapar? Nova largada:

🗓 Data: 9 de abril.
⏰ Hora: 18:00–20:00 aprox.
📍 Lugar: Edificio Redeiras (Vigo)


E ollo: abril é o último mes con R ata despois do verán.

Quen non bota as nasas… non colle marisco. 🐚

Share on: