AMA con Santi Domínguez: de Santiago a líder mundial en software científico

Fecha de inicio:
Miércoles, 29 Abril 2026 - 16:00
Fecha de fin:
Miércoles, 29 Abril 2026 - 18:00
Lugar: Hi Coruña - Human Intelligence Hub
Dirección: 3 Avenida Porto da Coruña, 15003 La Coruña
Fuente: Ver fuente
Marcar como favorito
AMA con Santi Domínguez: de Santiago a líder mundial en software científico

Ask Me Anything con Santi Domínguez (Mestrelab): aprendizaxes reais sobre crear unha empresa tecnolóxica global desde Galicia

Qué é XovesTech?


“Xoves Tech” é un ciclo de encontros mensuais que se celebran o último xoves de cada mes no marco dunha alianza entre Statup Galicia o HI Coruña para dinamizar o ecosistema que ten base en A Coruña.Este evento mensual axuda a xerar máis rede xa que todo o noso ecosistema coñece de antemán que todos os meses ten un punto de encontro en Coruña onde, a través de unha sesión tipo “Ask Me Anything” teñen a oportunidade de coñecer perfis, talento e historias de emprendemento inspiradoras.


O seu obxectivo é crear un espazo no que se combina unha charla ou presentación sobre un proxecto innovador, unha startup ou unha persoa referente no ecosistema tecnolóxico, nun ambiente relaxado e próximo. A xornada complétase cun tempo de networking acompañado dunhas consumicións, que ofrece un ambiente relaxado no que compartir ideas, facer contactos profesionais e fortalecer os lazos dentro da comunidade tecnolóxica e emprendedora.

De maneira excepcional, e pola cercanía coa festividade do Primeiro de Maio, neste ocasión o evento terá lugar o último mércores do mes en vez de o xoves.

📅 Mércores 29 de abril, 18:00 horas
👉 Santi Domínguez, Presidente de SciY , CEO de Mestrelab Research
📍 Hi Coruña


Para quen? “Xoves Tech” vai dirixido a emprendedores, profesionais do sector tecnolóxico, estudantes e persoas interesadas na innovación


Dinámica: Cada sesión comeza cunha breve benvida da organización, á que segue unha charla ou presentación a cargo dunha startup, dun proxecto innovador ou dunha persoa referente no ecosistema tecnolóxico. O público ten a oportunidade de interactuar cos relatores a través de preguntas e comentarios, favorecendo un diálogo enriquecedor e próximo.

Nesta ocasión, nos acompañará Santiago “Santi” Domínguez, empresario galego, cofundador e CEO de Mestrelab Research, unha das startups tecnolóxicas máis exitosas nacidas en Galicia. Desde Santiago de Compostela impulsou unha empresa líder mundial en software científico para a industria farmacéutica e biotecnolóxica, convertendo Mestrelab nun referente internacional e nun exemplo de como crear tecnoloxía de alto valor dende Galicia.

Ademais do seu papel empresarial, Domínguez é unha figura clave no ecosistema galego de startups e biotecnoloxía, participando en fondos de investimento, consellos de administración e iniciativas de apoio ao emprendemento. É considerado un referente, tanto polo seu éxito global como polo seu compromiso co desenvolvemento do tecido innovador en Galicia


Este encontro celébrase tamén grazas ao apoio de CaixaBank DayOne e do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Compartir en: