CinVigo 26 - Obradoiros científicos infantís.

Este evento está archivado

Fecha de inicio:
Sábado, 25 Abril 2026 - 06:00
Fecha de fin:
Sábado, 25 Abril 2026 - 08:00
Lugar: Av. Beiramar (Ao carón do monumento a Xulio Verne)
Dirección: Avenida da Beiramar, 36202 Vigo
Ciudad: Vigo
Fuente: Ver fuente
Marcar como favorito
CinVigo 26  - Obradoiros científicos infantís.

A cativada de entre 3 e 12 anos poderá participar en divertidas actividades experimentais e converterse en científica por un día.

Volve CinVigo e os seus obradoiros científicos para público infantil!

O festival científico “CinVigo. Ciencia na rúa”, organizado polo CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo) coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia , Innovación y Universidades regresa por cuarto ano consecutivo co propósito de levar a ciencia ás rúas de Vigo e espertar as vocacións científicas na cativada.

Obradoiros científicos para público infantil

A rapazada de entre 3 e 12 anos poderá participar, xogar, gozar e aprender en equipo a través dunha serie de actividades deseñadas seguindo metodoloxías de aprendizaxe activo que os converterán nos verdadeiros protagonistas.

IMPORTANTE: Non se pode participar/ reservar máis dunha quenda por neno/a. En todas as quendas fanse os mesmos experimentos, co cal non ten sentido reservar en máis dunha.

Horarios dos obradoiros:

Sábado 25 de abril:

1ª quenda de 11:00 a 11:40

2ª quenda de 11:50 a 12:30

3ª quenda de 12:40 a 13:20

4ª quenda de 13:30 a 14:10

5ª quenda de 16:00 a 16:40

6ª quenda de 16:50 a 17:30

7ª quenda de 17:40 a 18:20

8ª quenda de 18:30 a 19:10


Domingo 26 de abril:

1ª quenda de 11:00 a 11:40

2ª quenda de 11:50 a 12:30

Vive connosco a cuarta edición do festival científico máis divertido!

Compartir en: