CinVigo 26 - Obradoiros científicos sénior para maiores de 65 anos

Aquest esdeveniment està arxivat

Data d'inici:
dissabte, 25 abril 2026 - 06:00
Data de fi:
dissabte, 25 abril 2026 - 08:00
Lloc: Av. Beiramar (Ao carón do monumento a Xulio Verne)
Adreça: Avenida da Beiramar, 36202 Vigo
Població: Vigo
Marca com a preferit
CinVigo 26  - Obradoiros científicos sénior para maiores de 65 anos

As persoas +65 anos poderán participar en talleres nos que descubrirán de forma práctica e amena a ciencia que hai tras a cosmética.

Volve CinVigo con obradoiros científicos para público senior!

O festival científico “CinVigo. Ciencia na rúa”, organizado polo CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo) coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades., regresa por cuarto ano consecutivo co propósito de levar a ciencia ás rúas de Vigo e achegala á población máis maior.

Obradoiros científicos para público senior

Unha das grandes novidades desta cuarta edición serán os obradoiros científicos para maiores de 65 anos, grazas ao apoio da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, unha iniciativa que busca promover o acceso á cultura científica a persoas desta franxa de idade, normalmente máis afastadas deste tipo de iniciativas

Os participantes poderán gozar e aprender a través dunha actividade de cosmética e ciencia, pensada para descubrir de forma práctica e amena a ciencia presente nos produtos do día a día.

En todas as quendas realízanse os mesmos experimentos, polo que non ten sentido reservar en máis dunha. En caso de que unha mesma persoa estea inscrita en máis dunha quenda entenderase como válida a última inscrición, eliminando as inscricións previas

O único medio de contacto coa organización é a través do correo electrónico cinvigo@uvigo.gal

Horarios dos obradoiros:

(Lembre que non é posible inscribirse en máis dunha quenda)


Sábado 25 de abril:

1ª quenda de 11:00 a 11:40

2ª quenda de 11:50 a 12:30

3ª quenda de 12:40 a 13:20

4ª quenda de 13:30 a 14:10

5ª quenda de 16:00 a 16:40

6ª quenda de 16:50 a 17:30

7ª quenda de 17:40 a 18:20

8ª quenda de 18:30 a 19:10


Domingo 26 de abril:

1ª quenda de 11:00 a 11:40

2ª quenda de 11:50 a 12:30

Vive connosco a cuarta edición do festival científico máis divertido!

Comparteix a: