Obradoiro de ilustración científica, centrado na observación e representación botánica e impartido pola ilustradora científica María Viñas.
No marco do Plan de Ciencia de Ida e Volta, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo organiza un obradoiro de ilustración científica para conmemorar o Día Internacional da Biodiversidade Biolóxica.
Baixo o nome, Ilustrar a natureza, este taller levarase a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, e estará impartido pola artista María Viñas. A xornada, de dúas horas de duración, combinará unha introdución á ilustración científica cunha parte práctica centrada na observación botánica.
Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e da Deputación de Pontevedra.
- O obradoiro ten unha duración aproximada de dúas horas.
- A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.