Ilustrar a natureza

Aquest esdeveniment està arxivat

Data d'inici:
divendres, 22 maig 2026 - 15:00
Data de fi:
divendres, 22 maig 2026 - 17:00
Lloc: Deputación Provincial de Pontevedra - Edificio Administrativo
Adreça: s/n Gran Vía de Montero Ríos, 36071 Pontevedra
Població: Pontevedra
Marca com a preferit
Ilustrar a natureza

Obradoiro de ilustración científica, centrado na observación e representación botánica e impartido pola ilustradora científica María Viñas.

No marco do Plan de Ciencia de Ida e Volta, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo organiza un obradoiro de ilustración científica para conmemorar o Día Internacional da Biodiversidade Biolóxica.

Baixo o nome, Ilustrar a natureza, este taller levarase a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, e estará impartido pola artista María Viñas. A xornada, de dúas horas de duración, combinará unha introdución á ilustración científica cunha parte práctica centrada na observación botánica.

Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e da Deputación de Pontevedra.

  • O obradoiro ten unha duración aproximada de dúas horas.
  • A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.


Comparteix a: